A Estrada da Vida
A Estrada da Vida que este nadal nos levou a actuar coa nosa obra de teatro ante os nenos e nenas da EIM, os do noso colexio, o alumnado do Ies Antón Losada Diéguez e as persoas da terceira idade que forman o Centro Sociocomunitario , ensinounos a importancia de cada etapa vital. Todos eles nos acolleron con aprezo e ilusión e nós agradecémoslles o seu cariño e atención. Que a Estrada da Vida nos volte a unir nun camiño de colaboración e amizade que resulte moi gratificante para todos. FELIZ ANO!
Os nosos debuxos nas paredes do Centro Sociocomunitario e os nosos desexos pendurados do teito da EIM:
Tamén recibimos unha postal moi chula dos nenos dun cole de Rianxo cos que mantemos correspondencia os de 2º B.. pero iso xa é outro conto que queda para outro día...