PURO SENTIMENTO...
Se
ao escoitar pronunciar “Galicia” e ao poñer a man no corazón sentes un latexo de terras
verdes e únicas regadas polo orballo da ilusión dunha xente unida por unha
lingua que fala de ceos azuis, azuis coma mares de auga, da auga dos nosos ríos
que descorren por terras fértiles onde prenden as sementes, as sementes
do amor polas nosas cousas, cousas dos nosos pequenos e maiores, o alfa e o
omega, principio e fin á existencia que nos tocou vivir en paisaxes privilexiadas que falan e bailan en lingua
galega, un idioma que sente porque ten sentimento, o sentimento dunha nai que
aloumiña a súa criatura con palabras que saen da pel de mel, do mel
que che pon na punta da lingua a fala galega…
…non che parece que tamén as linguas do mundo deben considerarse irmás
entre si, pois, o importante non é o nº de persoas que as falan, senón o que
podemos expresar con elas? Coa miña lingua na túa boca eu podo contarche
cousiñas bonitas dunha terra preciosa que fala e que sente no idioma galego.