Páxinas

domingo, 21 de maio de 2017

UN LUGAR NA ESTRADA DA VIDA

Que tal estades? Festexastes o 17 de maio? Seguro que si. Aquí no colexio estamos que non paramos. Ben é certo que as Letras Galegas se deben  celebrar todo o ano, pero a verdade é que estes días realizamos actividades ben interesantes relacionadas con elas. Lembrades cal é o lema do Equipo de Dinamización da Lingua Galega? Como este ano o PDI está adicado á toponimia da Estrada, decidimos bautizalo como Un lugar na Estrada da vida. Durante o transcurso da mesma hai intres e lugares que perdurarán na nosa lembranza para sempre, E decidimos compartila con persoas das que podemos aprender moitas cousas, como pasou con Xosé Luna, e tamén con outras que nos falaron dende a voz da experiencia, coma Manolo, Celsa e Justo. 
O xoves 18 de maio visitounos Manolo, avó dun alumno de 6º A de Educación Infantil. Contounos como foi a súa infancia e primeira xuventude. O alumnado de 1º de Educación Primaria escoitou e participou na intervención deste avó que viviu unha época moi difícil para todos. Sen embargo aínda hai quen di que eles tiñan menos cousas pero que eran máis felices cós nenos de agora. A falta de recursos facía traballar a imaxinación e o coidado do pouco que tiñan.








Que sorte  ten Pablo de ter un avó que lle conta tantas cousas e nós de poder escoitalo! Como é unha persoa moi aplicada, tróuxonos un material moi valioso no que vai escribindo como foi a súa infancia en diferentes aspectos:

A ALIMENTACIÓN NA CASA


OS PRIMEIROS ANOS DA ESCOLA (1954-55)


SEGUNDA FASE NA ESCOLA





Que foto tan especial para Manolo! Moitas grazas por compartir todo isto con nós!



E ao día seguinte, seguindo coa colaboración co Centro Sociocomunitario, foi unha gran satisfacción recibir a Celsa e a Justo, que tamén falaron de como era a escola cando eran pequenos. Estudiaban xuntos os nenos e as nenas? A que idade comezaban e cando remataban? Coa suavidade dun marabilloso acento costeiro foron resolvendo as dúbidas dos rapaces de 2º de Educación Primaria. Sobre todo, facéndolles ver algunhas diferenzas, ante as cales quedaron abraiados, por exemplo, ¿como era que non viña Papá Noel?
















Que ben nos fixo coñecer a experiencia desta xente que ten tanto que dicir! Ademais, non debemos esquecer que estas persoas non podían falar galego dentro da escola! Naqueles tempos estaba prohibido! Seguro que para eles tamén foi moi importante poder comunicarse na súa lingua materna.  Moitas grazas a todos. A maxia da lingua fixo que a partires de agora teñamos máis compañeiros. ATA SEMPRE, AMIGOS!

E tantas voltas lle demos a isto da escola que unha compañeira nosa tivo a ben amosarnos o material que ela empregou nos primeiros anos de escolarización:



Trátase da famosa Enciclopedia Álvarez e El parvulito. Mirádeos por dentro:







E para escribir ao principio non había outra cousa có  pizarrillo:


Bueno, pois a verdade é que aprendemos un montón de cousas!
Agora temos tantas que nin se nos pasa polo maxín as dificultades que pasaron os nosos maiores! Pero grazas a eles estamos aquí, na Estrada da vida! POR MOITOS ANOS!