Páxinas

martes, 16 de maio de 2017

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

A estas alturas xa sabedes de sobra que o autor homenaxeado este ano é Carlos Casares. Moito desfrutamos no colexio co conto A galiña azul.
Menos mal que ao final tivo solución e todo rematou ben!
Por se tendes interese, déixovos aquí unha pequena biografía deste escritor vigués que realizou o Seminario Galán.
Carlos Casares
Carlos Casares Mouriño está considerado como unha das figuras máis singulares e renovadoras da nosa literatura.
Naceu o 24 de agosto de 1941 en Ourense. Durante a súa vida nunca non deixou de estar implicado na vida cultural, social e institucional do noso país, sendo un firme defensor da lingua galega e un dos impulsores da Lei de Normalización e da creación do Consello da Cultura Galega.
A súa creación literaria é moi ampla, cunha gran cantidade de obras de literatura infantil, ademais de novelas, ensaios, artigos periodísticos...
Faleceu en Vigo o 9 de marzo de 2002, pouco despois de rematar a que sería a súa obra póstuma “O sol do verán”.
Este ano 2017 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras pola seu compromiso coa nosa lingua e literatura.


Se seguides este enlace poderedes acceder a un montón de actividades moi interesantes realizadas por eles:seminariogalan.org