Páxinas

mércores, 16 de xaneiro de 2019

BASES CONCURSO MICRORRELATOS E MICROPOEMAS

VI Concurso de microrrelatos e micropoemas 

CENTROS EDUCATIVOS DA ESTRADA 

MICROPOEMAS: 

O texto presentado debe ser en galego e constar dun mínimo de dous versos e máximo de oito en Primaria, e un mínimo de catro versos e máximo de oito en Secundaria, Ciclos Formativos e Bacharelato.
 A temática será libre, pero debe aparecer necesariamente o substantivo SERÁN.

MICRORRELATOS:

O texto presentado debe ser en galego e non conter máis de 100 palabras. A temática será libre, pero debe aparecer necesariamente a palabra LENDA.


 CATEGORÍAS A: EDUCACIÓN PRIMARIA A1: 1º e 2º A2: 3º e 4º A3: 5º e 6º B: EDUCACIÓN SECUNDARIA B1: 1º e 2º B2: 3º, 4º, FP Básica e Ciclos Medios C: BACHARELATO E CICLOS SUPERIORES 

BASES PARTICIPACIÓN:

PODEN PARTICIPAR ALUMNOS E ALUMNAS DOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO DA ESTRADA: CEIP PÉREZ VIONDI, CEIP CABADA VÁZQUEZ, CPR PLURILINGÜE NOSA SRA. DE LOURDES, CEIP PLURILINGÜE DE OCA, CEIP DO FOXO, CEIP FIGUEIROA, CEIP VILLAR PARAMÁ, IES Nº 1, IES MANUEL GARCÍA BARROS E IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ. 
PODERASE PARTICIPAR NUNHA MODALIDADE OU NAS DÚAS, PERO CADA PARTICIPANTE SÓ PODERÁ PRESENTAR UN TEXTO POR MODALIDADE. 

OS TRABALLOS ENTREGARANSE EN FORMATO A4 NUN SOBRE CON NOME, APELIDOS E CURSO. PRAZO O PRAZO LÍMITE PARA ENTREGAR OS TEXTOS SERÁ O 22 DE FEBREIRO DE 2019, NOS CENTROS RESPECTIVOS. 

PREMIOS: UN XURADO, FORMADO POR REPRESENTANTES DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DOS DIFERENTES CENTROS, CONCEDERÁ UN PREMIO POR CATEGORÍA E CENTRO. VALORARASE A CREATIVIDADE, A ORIXINALIDADE E CALIDADE LINGÜÍSTICA E LITERARIA. OS TRABALLOS PREMIADOS PODERÁN SER PUBLICADOS POLA ENTIDADE ORGANIZADORA E PODERÁN PUBLICARSE TAMÉN NAS PÁXINAS WEB DOS CENTROS E NAS REVISTAS ESCOLARES.