A biografía que tendes a continuación figura no libro Antonio Fraguas, dentro da serie Os Bolechas, da editoral Bolanda:
Antonio Fraguas naceu en Cotobade, o 28 de decembro de 1905, o día dos Santos Inocentes. De meniño comía broa e caldo, e andaba a xogar polos camiños e entre o millo. Estudou no instituto de Pontevedra, co profesor Castelao, e empezou alí a facer un dicionario de galego con outros compañeiros. De mozo estudou na Universidade de Santiago de Compostela e entrou no Partido Galeguista. Foi mestre na Estrada, onde facía excursións coas alumnas e alumnos, para veren mámoas e castros. Pero na guerra de 1936 botárono do ensino e non puido volver até moitos anos despois. Foi director do Museo do Pobo Galego. Antonio Fraguas escribiu moito sobre cultura, costumes, xeografía e historia de Galicia.
l
Podedes obter máis información dos actos previos e posteriores ao 17 de maio no seguinte enlace: www.lingua.gal
Asimesmo, neste outro poderedes descargar actividades relativas á súa vida e obra: www.seminariogalan.org