xoves, 29 de outubro de 2020

SAMAÍN 2020

Que tal? Como vai a cousa? Eu ben sei que estades todos ben, que sodes uns valentes! Superastes un confinamento longo e prolongado dando mostras de que podedes con todo. Neste curso  temos que adaptarnos ás novas circunstancias. O que non podemos é deixar de celebrar na medida do posible os acontecementos que van tendo lugar  aínda que sexa dunha maneira diferente! Este ano a nosa maneira de facer o intercambio de postais do Samaín é mediante esta gravación, pois o importante é lembrarse dos amigos e amigas cos que teremos contacto durante o curso, pois eles son importantes para nós. A ver se recoñecedes as vosas postais..! Que pasedes todos e todas uns días cheos de diversión e felicidade!

Picade neste enlace para velo:


https://drive.google.com/file/d/1jcUyTS5OZOw4zgGbt5m8KYQGdrtpsOFg/view?usp=sharing