Páxinas

domingo, 29 de novembro de 2020

Correlingua 2020

 Que tal, corredores e corredoras a prol da lingua galega? 

Este ano a nosa asistencia ao Correlingua foi certamente diferente. Fixémola dende o cole! Pero iso non lle restou diversión e nin a pandemia foi quen de deixarnos sen a carreira que viñamos facendo tódolos anos alá polo mes de maio. Tanto dende as pantallas das clases como dende os altofalantes do patio para os que estaban no recreo, puidemos seguir o programa proposto pola organización deste evento a través duns enlaces  e que tivo lugar no Teatro Principal de A Estrada:

12:00 h. Presentación e lectura do Manifesto a cargo de Pavís Pavós.

 12:15 Actuación de Cuarta Xusta. 

12:55 Entrega de agasallos e despedida

 13:00 Remate da emisión. 

E despois de tanta marcha, que mellor que levar para a casa uns estupendos agasallos que nos gustaron moitísimo!!

 

 Unha das actividades que realizamos no colexio xusto antes do confinamento foi esta banda deseñada para conmemorar o viséximo aniversario do Correlingua. Quedou así: