Estes son os flamantes gañadores e gañadoras do concurso de microrrelatos e micropoemas que organiza Dinamiz@estrada, que agrupa a tódolos centros educativos de A Estrada. Parabéns a todos/as!!
O pasado martes, día 16 de marzo, reuníronse no colexio Pérez Viondi os coordinadores e coordinadoras dos equipos de dinamización da lingua galega para elexir os poemas e relatos que serán publicados no libro que se edita anualmente con tódolos traballos seleccionados entre o alumnado participante. Pendentes da evolución da situación de emerxencia sanitaria, este concurso segue levándose a cabo e completarase, se é posible, coa celebración da VII das Palabras, contando como padriño da cerimonia co escritor estradense Xosé Luna Sanmartín, que acompañará aos seguintes gañadores/as:
POEMAS:
A1: Daniel Rey Louzao. 2º EP
A2: Ignacio Eiras Alonso. 3º EP
A3: Iria Miguéns Otero. 6º EP
RELATOS:
A1: Xulia Abet Matalobos. 2º EP
A2: Catro cabalos diferentes. Carme Valentina Iglesias
Sánchez. 3º EP
A3: Os meus cabalos. Brais Nogueira Corral. 6º EP
Xa vos seguiremos informando da evolución do concurso!😊