Páxinas

domingo, 19 de maio de 2024

CELEBRANDO AS LETRAS CON SUSO VAAMONDE

 A semana pasada fixemos no colexio unha serie de actividades que foron o preludio da gran festa que ía vir o venres 17 de maio: a celebración do  Día das Letras Galegas. Xa sabedes que a autora homenaxeada este ano, Luísa Villalta, ademais de escritora tamén tiña unha gran vocación musical que levou á práctica tocando varios instrumentos: comezou a tocando a guitarra e o piano, pero descubriu que a súa auténtica paixon ía ser o violín, o violino, como lle chamaba ela. 

E que mellor, para honrar esta faceta de Luísa, que convidar ao noso colexio a un gran músico de instrumentos populares galegos: Suso Vaamonde. Centrou a súa intervención en tres deles: a zanfona, o acordeón e a gaita. Explicou o seu funcionamento e tamén nos deleitou interpretando varios temas nos que os nenos e nenas acompañaron coas palmas e tamén cantando. O alumnado de 4ºA cantou un rap sobre Luísa Villalta e  tocou diversos instrumentos. Fixérono de marabilla!

Aquí tendes varias fotos nas que podedes ver diferentes momentos da actuación. Foi incrible! Ata outra, Suso!














E tamén hai que agradecerlles aos nenos  e nenas de 4ºA e ás súas profes que nos ofreceran esta actuación musical tan especial!