Páxinas

xoves, 5 de febreiro de 2026

Bases concurso microrrelatos e micropoemas 2026

 


Comezamos este novo trimestre co concurso literario por excelencia! Aquí quedan as bases para que vaiades elaborarando as vosas obras de arte, que deberá estar preparadas para finais de mes. Animádevos a participar!


XIII Concurso de microrrelatos e micropoemas

Centros educativos da Estrada_Dinamizaestrada

Participación e prazos

Poden participar alumnos e alumnas dos centros educativos do concello da Estrada: CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. S. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP Figueiroa, CEIP Manuel Villar Paramá, IES Avelina Valladares, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

Os traballos entregaranse en formato A4 nun sobre con nome, apelidos e curso, nos centros respectivos. O prazo límite para entregar os textos rematará o 27 de febreiro de 2026.

Modalidades

Poderase participar nunha modalidade ou nas dúas que seguen, pero cada participante só poderá presentar un texto por cada unha delas.

Microrrelatos Micropoemas

O texto presentado debe estar en O texto presentado debe estar en galego e galego e non conter máis de 100 constar dun mínimo de dous versos e palabras, para calquera das máximo de oito na categoría de Primaria, categorías. e un mínimo de catro e máximo de oito versos no resto das categorías.

A temática será libre, pero debe

aparecer necesariamente a A temática será libre, pero debe aparecer palabra AZUL. necesariamente a palabra NOITE.

Categorías

A: Educación Primaria B: Educación Secundaria C: Bacharelato, Ciclos

A1: 1º e 2º B1: 1º e 2º ESO Medios e Ciclos

A2: 3º e 4º B2: 3º e 4º ESO, Ciclos Superior

A3: 5º e 6º Básicos

Premios

Un xurado, formado por un/unha representante dos Equipos de Dinamización Lingüística dos diferentes centros, concederá un premio por modalidade, categoría e centro. Valorarase a creatividade, a orixinalidade e calidade lingüística e literaria. Os traballos premiados poderán ser publicados pola entidade organizadora e poderán publicarse tamén nas páxinas web dos centros e nas revistas escolares.