Día de Rosalía no Teatro Principal
Onte asistimos á celebración do aniversario do nacemento
da nosa escritora máis universal que se celebrou no Teatro Principal. Os poemas escollidos polo noso colexio foron Adiós ríos, adiós fontes e Miña casiña, meu lar, que recitaron nenos e nenas de 4º de EP.
Tódolos colexios da Estrada participamos nesta homenaxe chea de poesía e sentimento. Tamén puidemos ver en primicia o vídeo que, coma tódolos anos, elaboran dende o Concello con motivo desta efeméride. Desta vez os protagonistas foron os alumnos e alumnas das escolas infantís da Estrada.
A poesía de Rosalía ten futuro!