Páxinas

domingo, 1 de marzo de 2020

NORABOA AO GAÑADOR DE CAN VALENTÍN

Este entroido marchamos para a casa con un bo sabor de boca. O noso compañeiro Manuel, de 3º C, co contrasinal Piratiña,  foi o gañador do concurso de cartas de amor Can Valentín, de Radio Estrada. Velaquí tendes a carta:





E nós tamen homenaxeamos ao flamante gañador con este diploma que lle foi entregado despois do desfile dos disfraces:

 PARABÉNS!

domingo, 2 de febreiro de 2020

BASES CONCURSO MICRORRELATOS E MICROPOEMAS

VIIConcurso de microrrelatos e micropoemas
Centros educativos da Estrada

Participación e prazos
Poden participar alumnos e alumnas dos centros educativos do concello da Estrada: CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe Nosa Sra. De Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP O Foxo, CEIP Figueiroa,CEIP Manuel Villar Paramá,IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.
Os traballos entregaranse, en formato A4 nunsobre con nome, apelidos e curso, nos centros respectivos.O prazo límite para entregar os textos será o 14de febreiro de 2020.

Modalidades
Poderase participar nunha modalidade ou nas dúas, pero cada participante só poderá presentar un texto por cada unha delas.

Microrrelatos: O texto presentado debe estar en galego e non conter máis de 100 palabras.A temática será libre, pero 
debe aparecer necesariamente a palabra AMIGO.

Micropoemas: O texto presentado debe estar en galego e constar dun mínimo de dous versos e máximo de oito en Primaria, e un mínimo de catro versos e máximo de oito en Secundaria, Ciclos Formativos e Bacharelato. A temática será libre,pero debe aparecer necesariamente a palabra CABELO.

Premios
Un xurado,formado por un/unha representante dos Equipos de Dinamización Lingüística dos diferentes centros,concederá un premio por categoría e centro. Valorarase a creatividade, a orixinalidade e calidade lingüística e literaria.Os traballos premiados poderán ser publicados pola entidade organizadora e poderán publicarse tamén nas páxinas web dos centros e nas revistas escolares.

domingo, 1 de decembro de 2019

CERTAME TEATRO ESCOLAR E FESTA DA POESÍA


Esta semana estivemos de celebración. Ou mellor dito, de celebracións. O pasado martes asistimos ó Certame de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas organizado pola asociación Vagalumes. 
Os alumnos de sexto cursode Primaria participaron no recitado duns versos de Eduardo Galeano e tamén puidemos ver unha gravación que ten como temática o drama das persoas que teñen que abandoar a súa casa e o seu país pola guerra.

E o venres fomos á Festa da Poesía, que organiza o Concello da Estrada. O escritor galardoado este ano co premio Avelina Valladares  foi Ramón Sandoval (Sober, Lugo, 1961), co seu libro Nas esquinas do frío.
Con este libro foron agasallados tódolos nenos de 4º de Primaria  participantes no recitado de poemas, que este ano estiveron  adicados á alimentación sa.
Noraboa a todo o alumnado que o fixo posible e ás súas familias moitas grazas por colaborar!

domingo, 3 de novembro de 2019

CELEBRANDO O SAMAÍN

Ola, nenos e nenas. Que tal a celebración do Samaín? Que ben o pasamos no cole coa exposición de cabazas e a celebración do Magosto! Mágoa que chovera, pero iso non impediu que desfrutaramos dunha mañá chea de diversión e disfraces que metían moito medo!!
Uns días antes xa comezamos a elaborar postais para un montón de amigos e amigas que as recibiron con moito agarimo:
-Escola Infantil Municipal
-IES Antón Losada Diéguez
-IES Manuel García Barros
-Ceip Pérez Viondi
-Centro Sociocultural da Estrada
-Ceip Os muíños, de Muxía.


Velaquí unha pequena demostración da exposición de cabazas:






A temática, como non podía ser de outra maneira, xirou en torno á alimentación saúdable.






domingo, 9 de xuño de 2019

VI FESTA DAS PALABRAS

O pasado martes tivo lugar a VI Festa das Palabras no Teatro Principal. Coma sempre, os pequenos escritores e escritoras dos centros educativos da Estrada déronse cita para recoller o seu agasallo de mans da madriña deste anos: Ledicia Costas. Ainda que as ilustracións non entraban a concurso, mirade que ben quedaban no panel que colocamos na entrada:



Esta é a ilustración de Lenda

e esta a de Serán.

Os poemas e relatos publicáronse neste  libro deseñado por Rosa de Cabanas:


Os gañadores do noso colexio, teñen o privilexio de que as súas obras foran publicadas nel, ademais de que Ledicia llos adicara un por un. 



ATA O VINDEIRO ANO E MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR NESTE ACONTECEMENTO TAN IMPORTANTE PARA A LINGUA  GALEGA!











domingo, 12 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS- ANTÓN FRAGUAS

A biografía que tendes a continuación figura no libro Antonio Fraguas, dentro da serie Os Bolechas, da editoral Bolanda:

Antonio Fraguas naceu en Cotobade, o 28 de decembro de 1905, o día dos Santos Inocentes. De meniño comía broa e caldo, e andaba a xogar polos camiños e entre o millo. Estudou no instituto de Pontevedra, co profesor Castelao, e empezou alí a facer un dicionario de galego con outros compañeiros. De mozo estudou na Universidade de Santiago de Compostela e entrou no Partido Galeguista. Foi mestre na Estrada, onde facía excursións coas alumnas e alumnos, para  veren mámoas e castros. Pero na guerra de 1936 botárono do ensino e non puido volver até moitos anos despois. Foi director do Museo do Pobo  Galego. Antonio Fraguas escribiu moito sobre cultura, costumes, xeografía e historia de Galicia.

Resultado de imagen de imagenes antonio fraguas fraguaslResultado de imagen de imagenes anton fraguas fraguas Ver las imágenes de origen

Podedes obter máis información dos actos previos e posteriores ao 17 de maio  no seguinte enlace:  www.lingua.gal

Asimesmo, neste outro poderedes descargar actividades relativas á súa vida e obra: www.seminariogalan.org

VI FESTA DAS PALABRAS

PARA OS GAÑADORES/AS, FAMILIAS E TODOS OS QUE DESEXEDES ASISTIR, TEÑO QUE DICIRVOS QUE A FESTA DAS PALABRAS TERÁ LUGAR O 4 DE XUÑO (MARTES) ÁS 20 HORAS NO TEATRO PRINCIPAL. A MADRIÑA DESTE ANO É A ESCRITORA VIGUESA LEDICIA COSTAS  E A ACTUACIÓN MUSICAL CORRERÁ A CARGO DO GRUPO MUSICAL O  TALLER DO 13. VÉMONOS ALÍ, AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!