Aquí tendes unha morea de ideas para seguir traballando o medo:
Páxinas
luns, 2 de novembro de 2020
xoves, 29 de outubro de 2020
ACTIVIDADES INTERACTIVAS CON MORTIÑA
Xa coñecedes os libros de Mortiña, un clásico destas datas. Aquí tendes unha serie de tarefas en galego coas que podedes aprender e pasalo ben ao mesmo tempo!
INTERCAMBIO DE POSTAIS SAMAÍN
Os nenos e nenas deste colexio tamén quixeron felicitarnos o Samaín e enviáronnos estas postais tan divertidas! Grazas, compañeiros-as!
SAMAÍN 2020
Que tal? Como vai a cousa? Eu ben sei que estades todos ben, que sodes uns valentes! Superastes un confinamento longo e prolongado dando mostras de que podedes con todo. Neste curso temos que adaptarnos ás novas circunstancias. O que non podemos é deixar de celebrar na medida do posible os acontecementos que van tendo lugar aínda que sexa dunha maneira diferente! Este ano a nosa maneira de facer o intercambio de postais do Samaín é mediante esta gravación, pois o importante é lembrarse dos amigos e amigas cos que teremos contacto durante o curso, pois eles son importantes para nós. A ver se recoñecedes as vosas postais..! Que pasedes todos e todas uns días cheos de diversión e felicidade!
Picade neste enlace para velo:
https://drive.google.com/file/d/1jcUyTS5OZOw4zgGbt5m8KYQGdrtpsOFg/view?usp=sharing
martes, 26 de maio de 2020
VII FESTA DAS PALABRAS
.
mércores, 6 de maio de 2020
UNHA EXPERIENCIA VITAL
https://www.lingua.gal/recursos/todos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_421.html
LETRAS GALEGAS 2020

Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e adicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.