Páxinas
luns, 26 de maio de 2025
FESTA DAS PALABRAS
mércores, 21 de maio de 2025
CORRELINGUA
Hoxe tivemos o Correlingua. Parecía que a chuvia ía afear esta carreira pola Estrada pero finalmente non o fixo. Ao ser mércores, as rúas estaban ateigadas de persoas que ían ao mercado semanal. Despois de xuntarnos na Praza do Concello comezamos a andaina. Os alumnos de 6º de EP como son os maiores, levaron a nosa súper pancarta de Rosalía e Castelao. Seguro que se nos puideran ver habían de estar ben contentos do bonita que quedou! Todos e todas levamos uns dorsais relacionados con esta mesma pancarta e co lema do Correlingua: A mocidade activa por unha lingua viva.
Ao rematar volvemos a xuntarnos na Praza do Concello para cantar e bailar co grupo Pauliña. Tamén recibimos un diploma acreditativo da nosa participación nesta celebración á que levamos asistindo dende hai moitos anos. Pasámolo moi ben! Ata o vindeiro curso!
VÍDEOCONFERENCIA CO IES AVELINA VALLADARES
O pasado venres, ademais do Festival das Letras, os alumnos de 5º de EP realizaron unha vídeoconferencia con este instituto da Estrada. Contáronlles como foi a evolución do baile en Galicia dende os anos 40. Xa que o noso PDI é Escola de Baile e, máis concretamente o lema deste ano do Equipo de Dinamización da Lingua Galega denomínase Bailando coa Lingua, decidiuse falarlles dos traballos de investigación que fixemos conxuntamente coas familias.
E tamén houbo un intre para conversar doutros temas que tamén era do interese dos alumnos, por exemplo, se había que estudar moito no instituto e cousas asi,..
Foi unha moi boa experiencia que tentaremos repetir para o vindeiro curso!Gustounos falar con vós, amigos e amigas!
luns, 19 de maio de 2025
Figueiroa Letras Fest
domingo, 11 de maio de 2025
As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025
venres, 9 de maio de 2025
FICHAS PARA TRABALLAR AS LETRAS GALEGAS
Comeza a Semana Grande das nosas Letras!
No cole imos levar a cabo unha serie de actividades para dar a coñecer o legado tan importante que deixaron na nosa cultura todas esas mulleres que coa súa voz e as súas mans encheron as aldeas de Galicia cos seus cantares acompañadas dunha pandeireta que soaba tan forte como eran elas.
Na páxina web do Seminario poderedes atopar actividades interactivas, en formato genially, así como recursos en PDF, carteis, exposición e cuestionario, dípticos, marcapáxinas, biografías, escolma de cantigas, fotos e actividades para infantil en lingua de signos, documentais... recursos que poden facilitar ao centro a celebración do Día das Letras Galegas.
Picade neste enlace: MATERIAL LETRAS GALEGAS


.jpg)

.jpg)

