Páxinas

martes, 17 de maio de 2016


PURO SENTIMENTO... 

Se ao escoitar pronunciar “Galicia” e ao poñer a man no corazón sentes un latexo de terras verdes e únicas regadas polo orballo da ilusión dunha xente unida por unha lingua que fala de ceos azuis, azuis coma mares de auga, da auga dos nosos ríos que descorren por terras fértiles onde prenden as sementes, as sementes do amor polas nosas cousas, cousas dos nosos pequenos e maiores, o alfa e o omega, principio e fin á existencia que nos tocou vivir en paisaxes privilexiadas que falan e bailan en lingua galega, un idioma que sente porque ten sentimento, o sentimento dunha nai que aloumiña a súa criatura con palabras que saen da pel  de mel, do mel  que che pon na punta da lingua a fala galega…


…non che parece que tamén  as linguas do mundo deben considerarse irmás entre si, pois, o importante non é o nº de persoas que as falan, senón o que podemos expresar con elas? Coa miña lingua na túa boca eu podo contarche cousiñas bonitas dunha terra preciosa que fala e que sente no idioma galego.

sábado, 7 de maio de 2016

Debuxos alumnos/as 5 anos da fada Mariña e o mago Soprón

Todo comezou con un anuncio que puxo a profe María... 



E os alumnos de 5 anos A plasmaron así a escenificación que acababan de presenciar:























Que ben retratados quedaron a fada Mariña e o mago Soprón! Seguro que estarán encantadísimos con estes debuxos! Graciñas, nenos e nenas de 5 anos!

domingo, 24 de abril de 2016

Breve historia da Fada Mariña e o mago Soprón

Esta semana no noso colexio houbo varias celebracións con motivo da Semana do Libro. Dende Dinamización da Lingua Galega traballamos na escenificación dun conto que trata da importancia que teñen os libros na nosa vida. Empezamos pola EIM, orixe da nosa Estrada da Vida, seguiremos o percorrido diante dos  nosos compañeiros, tamén no  Losada Diéguez e por último, no centro da 3ª Idade. 
Aquí tendes unha pequena mostra da actividade:

Preparándonos...

Por certo, os narradores fomos de cor azul para simbolizar o mar..

E por fin, invadimos a EIM..!


Mirade que decorado...





































E como tiña que ser.. o mago Soprón quedou máis que convencido do imprescindibles que son os libros..!

Despois asistimos a unha representación que nos fixeron do conto Os tres porquiños.. Gustounos moitísimo..! Mirade que atentos estamos..





E fixemos moi boas migas co alumnado da Escola..




E aínda por riba, convídaronnos a unhas lambetadas. Así calquera..!




E nós, que somos moi festeiros, brindamos pola fada Mariña e polo mago Soprón!

Foi un pracer. Ata pronto..!