- Radio Estrada anunciou a organización por cuarto ano consecutivo do seu concurso de cartas de amor “Can Valentín”. As persoas que desexen participar deben presentar un texto en prosa ou en verso antes do día 15 de febreiro.
- Deberán ser textos orixinais e inéditos, escritos en lingua galega, sobre o tema “amor, amores”. Deben ter unha extensión non superior a vinte liñas e estar escritos a man polo propio autor.O texto poderá tratar o amor en todas as facetas: o amor romántico, o amor fraterno, amor á natureza, a amizades, solidario, algunha inquietude ou vocación
- . Os interesados en participar poden presentar as súas cartas con pseudónimo nas instalacións de Radio Estrada, en persoa ou ben por correo postal.
- Contarán con cinco categorías, catro delas para escolares, e a última para adultos. Concederanse premios ao tres primeiros clasificados en cada categoría. Contarán cun xurado que decidirá os gañadores.