O 24 de febreiro chegou e este ano celebramos o 184 aniversario do nacemento de Rosalía. Aínda que esta homenaxe tan especial na honra desta escritora universal debe levarse a cabo tódolos días do ano, para estas datas tendes unha serie de recursos tanto para Educación Infantil coma para Primaria. Picade nos enlaces:
Vídeoclip de Rosalía Lía Pamina e Os Peregrinos - Follas Novas
Vídeo de Rosalía Concello A Estrada
Imprimir careta de Rosalía (a cor)
Imprimir careta de Rosalía (en branco e negro)
Crebacabezas de Rosalía (para Infantil)
No noso colexio realizaremos unha presentación cos debuxos que fixestes a semana pasada e a ilustración dun poema, neste caso de Follas Novas e que tendes a continuación. Tamén faremos o "Rosalía Mix", unha serie de gravacións feitas con recitacións de diferentes poemas da autora.
Dende aquí vexo un camiño
Feliz Día de Rosalía!