Xa fai unhas semanas que o marabilloso tapiz de Rosalía de Castro que elaborou a Asociación de Mulleres Femininistas de A Estrada, deixou o noso colexio. Colocámolo na entrada ao mesmo para que tódolos alumnos puideran admirar esta obra de arte, que ademais de ser preciosa dende o punto de vista estético, é moi valiosa tamén dende o reivindicativo. Para que quede como lembranza deixo estas fotos para que non esquecemos o papel que tivo a nosa escritora máis universal como loitadora dos desfavorecidos, e como non,neste caso, das mulleres.
Nós seguiremos celebrando durante todo o curso que o sentimento libertador de Rosalía estará sempre con nós a través das súas letras!
Unha vez que tivemos que retirar o tapiz arriba referido, aproveitamos para colgar no taboleiro os debuxos feitos para o concurso da Deputación de Pontevedra e que bautizamos como Rosalía con valentía: