Páxinas

martes, 25 de maio de 2021

SEMANA/S DAS LETRAS GALEGAS

    A data das Letras Galegas xa pasou pero nós debemos celebralas durante todo o ano. Ata o final de curso quedarán expostas as actividades que realizamos estes días para homenaxear a Xela. A gravación do vídeo para o Correlingua e a participación no concurso de banda deseñada publicarémola cando sexa posible facelos públicos. O mix cos poemas de Rosalía de Castro e o vídeo cos debuxos do seu poema que eleximos para o 24 de febreiro tamén están en camiño. Xa iremos dando conta neste blog destas cousas que vos vou contando..!

O primeiro que fixemos foi debuxar a contorna desta imaxe que nos gustou tanto:


E despois fixemos un puzzle con ela e cada clase decorou unha peza á súa maneira.



Tamén  tivemos unha exposición cos seus libros e traducións.


E como non, un traballo colectivo de homenaxe ás Letras.





En algunhas aulas quixeron honrar con frases fermosas a lingua galega:






Seguiremos durante todo o ano celebrando que temos un idioma propio!