Páxinas

martes, 1 de xuño de 2021

CELEBRACIÓN DA VIII EDICIÓN DA FESTA DAS PALABRAS

 Hoxe tivemos no Teatro Principal o acto simbólico da Festa das Palabras correspondente a este curso. Foi un acto sinxelo pero cargado de emotividade. Debido ao protocolo do covid non puideron asistir tódolos gañadores e gañadoras e foi elixido ao chou Brais Nogueira, da aula de 6º B de Educación Primaria. El e máis a coordinadora do EDLG foron os encargados de representar ao noso colexio para recoller o diploma de participación e un dos libros cos que serán agasallados os pequenos escritores e escritoras que o encheron de palabras bonitas relativas a lindos cabalos que galopan polo mundo das letras. Aquí tendes a fotografía que aparece no libro e os textos correspondentes ao mesmo. A continuación tendes unha pequena biografía de Xosé Luna, o noso veciño, mestre e escritor, que tivo a ben apadriñar esta festa tan importante para o mundo da literatura en lingua galega por ser berce de actuais e futuros escritores e escritoras. 


Nomes de esquerda a dereita:

Daniel Rey Louzao, Brais Nogueira Corral, Xulia Abet Matalobos, Iria Miguéns Otero, Ignacio Eiras Alonso, Carme Valentina Iglesias Sánchez.

Todos eles tiñan que estar presentes para recoller o libro asinado por Xosé Luna. Como non puido ser e xa que a semana que vén temos a sorte de recibilo no noso colexio, aproveitaremos para facerlles a homenaxe que merecen.


Para que poidades desfrutar, velaquí os poemas e relatos gañadores:

CATEGORÍA A1


Lindo cogomelo,

que me gusta ao comelo.


Daniel Rey Louzao

2º EP



CATEGORÍA A2


Pensei todo o día,

pensei toda a noite,

e coa palabra lindo

ningún poema se me ocorre.


Ignacio Eiras Alonso

3º EP


CATEGORÍA A3


Que lindo é o teu sorriso

que lindo é o teu cantar,

que cada vez que te escoito

entran ganas de bailar.


Pero o que sinto de veras

é non saber tocar

algún instrumento calquera

para poderte acompañar.


Iria Miguéns Otero

6ºB


RELATOS


CATEGORÍA A1


Había unha vez un cabalo que estaba só nun prado e veu unha egua que era moi guapa. El quería casar con ella. Como o cabalo sempre estaba sucio, ocorréuselle unha idea e dixo:”xa sei, podo encherme de lama e despois podo poñerme purpurina”. E a egua dixo: “tes que lavarte máis, a min non me enganas, ti estás sucio e non estás limpo”. O cabalo lavouse porque quería namorar á egua. Ela namorouse del e finalmente foron noivos. E foron á praia dos cabalos a correr.


Xulia Abet Matalobos.

2º EP



CATEGORÍA A2


Catro cabalos diferentes


Érase unha vez un cabalo de ouro, outro de prata, outro de coloríns e tamén un cabalo marrón moi normal. O cabalo marrón quería ser especial, pois os outros tres cabalos non eran normais.

Un día, o cabalo marrón pediu un desexo.

Ao día seguinte o cabalo marrón xa non era desta cor, senon un cabalo verde lima fermoso. Dende entón foi moi feliz.


Carme Valentina Iglesias Sánchez


CATEGORÍA A3


Os meus cabalos


Teño dous cabalos simples, normais, sucios,.. Pero eles teñen unha cousa en peculiar, porque cando eu subo neles, sinto que aparezo noutro mundo no que os cabalos son brancos, limpos e aparte.. poden voar! Xogamos xuntos, doulles de comer..! Pero os meus amigos non me cren. Din que estou tolo, que deixe de soñar..! Pero dame completamente igual, porque eu vino, eu vivino.


Brais Nogueira Corral.

6º EP




                                       

Todos eles están recollidos neste marabilloso libro ao que a deseñadora Rosa de Cabanas lle fixo unha portada e unha contraportada moi "lindos"

 

E non podemos esquecernos dos ilustradores  de Educación Infantil que corresponden ao noso centro:







Aquí podedes ver algúns momentos importantes da celebración:


O discurso do padriño.

A foto con tódolos representantes dos centros.


O alumno que representou ao noso colexio e a coordinadora do EDLG con Xosé Luna.


Aínda non rematamos a Festa das Palabras. O martes seguimos con ela no Ceip deFigueiroa!