Páxinas

martes, 1 de xuño de 2021

VÍDEOCONFERENCIA CO LOSADA

 Hoxe á mañá puidemos levar a cabo unha actividade que vimos realizando tódolos anos: unha vídeoconferncia co IES Antón Losada Diéguez. O alumnado de sexto de EP explicoulle ao de terceiro da ESO como fixeron un proxecto durante o primeiro trimestre do curso que consistiu en realizar circuítos eléctricos. Explicáronlles tamén que maqueta elexíron para integrar unha lámpada e que significado tiña para eles. Tamén, compartindo  pantalla, puideron ver un vídeo co produto final de cada un. Queremos seguir con esta actividade para o vindeiro ano, pois foi moi interesante para ámbalas dúas partes. Ata pronto, compañeiros do Losada.