Páxinas

domingo, 13 de xuño de 2021

VISITA DE XOSÉ LUNA

 Esta semana  tivemos unha festa literaria no cole. O escritor, mestre e veciño noso Xosé Luna tivo a ben visitarnos para xogar con nós ás palabras fermosas. E esas palabras, non podía ser doutra maneira, aparecían na extensa obra literaria deste escritor prolífico.Pero, como unha imaxe vale máis que cen palabras, aí tendes algunhas deste reencontro que foi, sobre tódalas cousas,  emotivo, divertido e enriquecedor para nós.

En primeiro lugar, foi recibido no patio polos alumnos de 5º e 6º de EI, que cantaron, bailaron e recitaron poemas escritos por el.






Despois foi á aula de 3ºB de EP para ensinarlles a obriña de teatro que fixeran facía uns días e que se chama Ratalinda da Estrada (podédela ver neste blog) e tamém xogaron un pouco coas (súas) palabras cheas de arte e significados que non coñeciamos.


A continuación baixou para a biblioteca e aproveitamos para que lle entregara o libro aos gañadores e gañadoras do VII concurso de relatos e poemas -da que el era o padriño-  xa que no Teatro Principal só puidemos celebrar un acto simbólico







E aquí están todos xuntos:


A continuación, co alumnado de sexto fixo un fermoso obradoiro con palabras das súas obras que estaban escritas nuns bonitos corazóns de madeira e que viñan nunha caixa máxica, claro!


Tamén aproveitou para facer unha chamada..sabedes a quen? Nin mais nin menos que a Manoele de Felisa, que puxo música e voz aos seus poemas de A Estrada da Vida e que quedou convidado a vir ao noso colexio proximamente.


Este alumno fixo un retrato chulísimo de Xosé, que pousou nesta foto con el. Na mesa podedes ver os corazóns dos que vos falaba antes.


Nós tamén quixemos que el vira algo noso e escoitou o rap RapeANDO  co galego que fixeran os alumnos de 6º durante o primeiro trimestre.



Por último, unha foto coas alumnas que estiveron traballando para que todo saíse ben.  



E aínda que Xosé tivo que marchar, o cartel de benvida que realizaron os nenos e nenas de 6º A quedou presidindo a nosa biblioteca durante uns días. Moitas grazas por facernos pasalo tan ben e aprender tanto contigo! Que vivan as palabras!  Ata pronto!