Páxinas

domingo, 11 de xuño de 2017

E CHEGOU A GRAN FESTA..

Como xa vos dixera, o martes ía ser o gran día. E así foi. Un montón de nenos e nenas, asi coma as súas familias asistiron a esta celebración das letras. 
Na estrada do Teatro estaban colocados os debuxos de Mauro e Iván, que resultaron as ilustracións gañadoras:

Para ilustrar o verán

e o vento


Mirade que ben quedan todas xuntas:




As persoas que asistiron ao acto foron recibidas cunha tarxeta elaborada, coma o cartel e o marcapáxinas,  pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas.

Ás oito e media dou comezo  a festa co Coro do IES Losada Diéguez,  A continuación, os presentadores déronlle paso ao padriño literario desta ocasión: o escritor Antón García Teijeiro. Cada colexio elixiu dous representantes para encargarse da entrega de agasallos aos gañadores. Por parte do noso asistiron o presidente da Anpa e unha mestra de Educación Primaria, que lles deron un libro, o da recompilación dos relatos e poemas gañadores, e un caravel branco.
Velaquí tendes as fotos que fixemos.









































Que bonito este rap  de "Adiós ríos, adiós fontes":










































A actuación musical  coa versión do Imagine, de John Lennon, ademais de  transportarnos a outra dimensión, puxo fin a a esta festa cuxo obxectivo principal é a de  dinamizar a lingua galega. Espero que todo fora do voso agrado e se non vos animastes este ano a par ticipar, non vos esquezades o que vén. 

Para ver a gravación pulsade neste enlace:







venres, 2 de xuño de 2017

IV EDICIÓN DA FESTA DAS PALABRAS

Hoxe veño falarvos dunha festa moi especial. Nada máis e nada menos que os gañadores e as gañadoras   do Concurso de Microrrelatos e Micropoemas dos Centros Educativos  da Estrada! Un evento tan importante tiña que contar cun padriño literario de altura: o escritor de literatura infantil e xuvenil Antón García Teijeiro. El estará con nós para felicitar e entregar os agasallos aos nenos e nenas que fixeron uns poemas e relatos tan bonitos, dignos de aparecer nun libro especial: o que precisamente se lles dará ese día, xunto cun caravel branco.
Déixovos aquí a invitación e vémonos alí. Non faltedes a unha cita tan importante! Vémonos ás 20:30 horas o martes 6 de xuño no Teatro Principal.



Ah, por certo, os representantes do noso colexio na entrega de premios son os seguintes: José Manuel Garrido Torres, presidente da Anpa e María Troitiño Goldar, mestra de Educación Primaria.





domingo, 21 de maio de 2017

UN LUGAR NA ESTRADA DA VIDA

Que tal estades? Festexastes o 17 de maio? Seguro que si. Aquí no colexio estamos que non paramos. Ben é certo que as Letras Galegas se deben  celebrar todo o ano, pero a verdade é que estes días realizamos actividades ben interesantes relacionadas con elas. Lembrades cal é o lema do Equipo de Dinamización da Lingua Galega? Como este ano o PDI está adicado á toponimia da Estrada, decidimos bautizalo como Un lugar na Estrada da vida. Durante o transcurso da mesma hai intres e lugares que perdurarán na nosa lembranza para sempre, E decidimos compartila con persoas das que podemos aprender moitas cousas, como pasou con Xosé Luna, e tamén con outras que nos falaron dende a voz da experiencia, coma Manolo, Celsa e Justo. 
O xoves 18 de maio visitounos Manolo, avó dun alumno de 6º A de Educación Infantil. Contounos como foi a súa infancia e primeira xuventude. O alumnado de 1º de Educación Primaria escoitou e participou na intervención deste avó que viviu unha época moi difícil para todos. Sen embargo aínda hai quen di que eles tiñan menos cousas pero que eran máis felices cós nenos de agora. A falta de recursos facía traballar a imaxinación e o coidado do pouco que tiñan.








Que sorte  ten Pablo de ter un avó que lle conta tantas cousas e nós de poder escoitalo! Como é unha persoa moi aplicada, tróuxonos un material moi valioso no que vai escribindo como foi a súa infancia en diferentes aspectos:

A ALIMENTACIÓN NA CASA


OS PRIMEIROS ANOS DA ESCOLA (1954-55)


SEGUNDA FASE NA ESCOLA





Que foto tan especial para Manolo! Moitas grazas por compartir todo isto con nós!



E ao día seguinte, seguindo coa colaboración co Centro Sociocomunitario, foi unha gran satisfacción recibir a Celsa e a Justo, que tamén falaron de como era a escola cando eran pequenos. Estudiaban xuntos os nenos e as nenas? A que idade comezaban e cando remataban? Coa suavidade dun marabilloso acento costeiro foron resolvendo as dúbidas dos rapaces de 2º de Educación Primaria. Sobre todo, facéndolles ver algunhas diferenzas, ante as cales quedaron abraiados, por exemplo, ¿como era que non viña Papá Noel?
















Que ben nos fixo coñecer a experiencia desta xente que ten tanto que dicir! Ademais, non debemos esquecer que estas persoas non podían falar galego dentro da escola! Naqueles tempos estaba prohibido! Seguro que para eles tamén foi moi importante poder comunicarse na súa lingua materna.  Moitas grazas a todos. A maxia da lingua fixo que a partires de agora teñamos máis compañeiros. ATA SEMPRE, AMIGOS!

E tantas voltas lle demos a isto da escola que unha compañeira nosa tivo a ben amosarnos o material que ela empregou nos primeiros anos de escolarización:



Trátase da famosa Enciclopedia Álvarez e El parvulito. Mirádeos por dentro:







E para escribir ao principio non había outra cousa có  pizarrillo:


Bueno, pois a verdade é que aprendemos un montón de cousas!
Agora temos tantas que nin se nos pasa polo maxín as dificultades que pasaron os nosos maiores! Pero grazas a eles estamos aquí, na Estrada da vida! POR MOITOS ANOS!






















martes, 16 de maio de 2017

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

A estas alturas xa sabedes de sobra que o autor homenaxeado este ano é Carlos Casares. Moito desfrutamos no colexio co conto A galiña azul.
Menos mal que ao final tivo solución e todo rematou ben!
Por se tendes interese, déixovos aquí unha pequena biografía deste escritor vigués que realizou o Seminario Galán.
Carlos Casares
Carlos Casares Mouriño está considerado como unha das figuras máis singulares e renovadoras da nosa literatura.
Naceu o 24 de agosto de 1941 en Ourense. Durante a súa vida nunca non deixou de estar implicado na vida cultural, social e institucional do noso país, sendo un firme defensor da lingua galega e un dos impulsores da Lei de Normalización e da creación do Consello da Cultura Galega.
A súa creación literaria é moi ampla, cunha gran cantidade de obras de literatura infantil, ademais de novelas, ensaios, artigos periodísticos...
Faleceu en Vigo o 9 de marzo de 2002, pouco despois de rematar a que sería a súa obra póstuma “O sol do verán”.
Este ano 2017 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras pola seu compromiso coa nosa lingua e literatura.


Se seguides este enlace poderedes acceder a un montón de actividades moi interesantes realizadas por eles:seminariogalan.org

domingo, 14 de maio de 2017

A VISITA DE XOSÉ LUNA

O pasado martes, día 9 de maio tivemos o pracer de recibir no noso colexio ao mestre e escritor estradense Xosé Luna Sanmartín.
Realmente foi para nós un auténtico luxo poder contar coa presenza deste persoeiro tan importante, pero sobre todo, tan bo amigo.
Baixo a calidez e a presenza dun  Sol Rebulideiro, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP puideron desfrutar e xogar coas palabras dun conto moi divertido. Claro, se son as palabras de  Xosé Luna, que foi quen de escribir entre outros O libro dos bicos, nunca se sabe o que pode pasar, ao mellor ata se pode colar Unha iguana no Ceip de Figueiroa.. eh?






Isto é só unha pequena mostra do que pasou no noso Salón de Actos, pero o tema dos Dereitos de Imaxe impídeme poñer máis fotos. 

Foi unha experiencia tan sensancional que.. ESPERÁMOSTE OUTRO DÍA, XOSÉ!!!

Mil grazas e moitos bicos para ti tamén.

martes, 14 de marzo de 2017

PARABÉNS A TÓDOLOS GAÑADORES DO IV CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS!

Este ano os seleccionados son os seguintes:

Carla Álvarez Fontenla, de 2º A
Yago Durán Souto, de 2º B
Iziar Barcala Iglesias, de 3º A
Lea Rodríguez Ríos , de 3º A
Darío  Blanco Ruzo, de 5º A
Lois Camino Míguez, de 6º A.

A participación do alumnado foi masiva e espero que fora unha actividade interesante e divertida para todos! Seguide así!

Podedes ver a acta do xurado no apartado de Concursos.